Anímate a participar con disfrace!

A concellaría de Deportes do Concello de Chantada organiza por segundo ano esta carreira que ten como peculiaridade que as persoas participantes poden ir disfrazadas, escollendo para estas datas a temática do Nadal. Na pasada edición, das máis de 200 persoas inscritas, máis de medio cento correron con disfraces de Nadal.
As inscricións na probra deben realizarse a través da web www.ccnorte.com, antes das 23:59h. do día 25 de decembro. A inscrición é gratuíta podendo participar da carreira atletas federados/as e non federados/as.
A proba desenvolverase no casco urbano e contempla diferentes distancias, segundo idades: 5km para adultos, 1km para menores de entre 6 e 12 anos e 200 metros para rapazada de entre 4 e 6 anos. A rapazada maior de 12 anos poderá participar na carreira de 5Km en compaña dun adulto ou co consentimento do representante legal.
Esta cita deportiva rematará cunha chocolatada con churros e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establéncense premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):
- Individual 100€ 1º Equipo 250€
- Individual 80€ 2º Equipo 150€
- Individual 60€ 3º Equipo 100€
Todos/as os/as participantes nas categorías infantís recibirán medalla. Na Praza de Galicia terá lugar o comezo das probas. A de 4 a 6 anos iniciarase ás 17:15h, 15 minutos despois comezará a rapazada de 6 a 12 anos, para comezar ás 18:00h a carreira de adultos.








