Actual, Concello, Novas|

Actividades para favorecer a conciliación este Nadal

O Concello de Chantada organiza unha completa programación de actividades para este Nadal orientadas a favorecer a conciliación durante estas Festas, con interesantes propostas de lecer para nenos e nenas a través dos Campamentos de Nadal e os Obradoiros de Nadal.

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, os Campamentos de Nadal. As actividades terán horario de 10:00h a 14:00h, coa opción do Servizo de Madrugadores en horario de 8:00h a 10:00h para as familias que así o soliciten. Os campamentos levaranse a cabo os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro.

As inscricións nos Campamentos de Nadal ábrense nas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00h a 14:00h desde este luns, 1 de decembro ata o día 10 de decembro.

Por segundo ano, a Concellaría de Igualdade organiza, para favorecer a conciliación e a creatividade da cativada nestas datas con actividades para nenas/os de 4 a 6 anos

  • Días 22 e 29 con actividades para nenas/os de 4 a 6 anos
  • Días 23 e 30 con actividades para nenas/os de 7 a 9 anos
  • Días 24 e 31 con actividades para nenas/os de 10 a 13 anos

As prazas dos obradoiros de Nadal están limitadas a 30 e cubriranse por orde de inscrición, que debe facerse tamén nas oficinas de Servizos Sociais, desde o 1 de decembro e ata completar as prazas.

Desde o Concello de Chantada faise un chamamento a que as nenas e nenos inscritas/os nos Campamentos de Nadal asistan ás actividades, “outros anos inscribíronse participantes que despois non asistiron ás actividades. A axenda e contratación de monitores faise contando coas inscricións recibidas. Pedimos que as persoas inscritas participen das actividades para facer un uso correcto destes recursos que son para todas/os”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

A programación de Nadal do Concello de Chantada complétase coas actividades que desenvolverá a concellería de Cultura no Auditorio Municipal e na Biblioteca, ademais da celebración o 5 de xaneiro da Cabalgata de Reis co desfile das Súas Maxestades polas rúas da vila.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca