Emigrante galego, poeta obreiro de Paradela

Do 2 ao 10 de decembro pódese ver na Casa da Cutura de Chantada a exposición Manuel Rodríguez López 2.0, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Esta exposición itinerante é a sucesora dunha primeira mostra que percorreu desde o ano 2013 máis de 20.000 quilómetros, pasando por numerosas cidades e localidades da península.
A mostra reflicte en doce paneis a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes en Cataluña.
Manuel Rodríguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e dá nome á Casa da Cultura e ao Certame Literario do que se acaba de presentar a XXXI edición.
A mostra forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López, emprendido por Egeria, GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua) e a Real Academia Galega.








