Actual, Concello, Novas|

con actividades especialmente pensadas para pasar en familia

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo como protagonistas aos mÔis cativos/as da casa. Para iso organizouse na xornada festiva do 6 de xaneiro un carrusel gratuíto para seguir gozando da ilusión que  trouxera na véspera, a Cabalgata de Reis. O desfile de Melchor, Gaspar e Baltasar acompañados dos seus paxes foi seguido por numerosas familias que remataron a xornada co encontro que as Súas Maxestades mantiveron cos nenos/as no Auditorio Municipal.

A programación destas Festas estaba pensada especialmente para pasar en familia, con actividades para o público infantil como contacontos, espectÔculos musicais ou de circo. Ademais para favorecer a conciliación organizÔronse os Campamentos de Nadal que se levaron a cabo no Pavillón Muncipal en horario de mañÔ, con servizo de madrugadores desde as 8:00h e os obradoiros creativos que tiñan lugar no telecentro.

ā€œNos Campamentos de Nadal tivemos 80 nenos e nenas, nos talleres creativos inscribĆ­ronse 15 nenos e todas as actividades culturais que organizamos foron seguidas por moitas familias. Este ano introducimos novidades como o carrusel e seguiremos mellorando e ampliando a oferta para facer que estas datas sexan especiais para a infanciaā€, asegura o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Outro dos escenarios que fai as delicias dos cativos/as Ć© o Poboado de Nadal que ano a ano medra incorporando novas pezas e motivos decorativos ao carón da visitada casiƱa de PapĆ” Noel. Para este referente do Nadal en Chantada sĆ©guense usando materiais reutilizados e de reciclaxe. ā€œLevamos tempo apostando por unha decoración sostible nestas Festas e por incorporar novas zonas con motivos de Nadal. Chegamos a novos lugares e as propostas teƱen moi boa acollida, seguiremos nesa liƱa de poƱer agradable e acolledora a vila para que a xente veƱa a Chantada e dinamizar o comercio e a hostalarĆ­aā€, conclĆŗe o rexedor.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca