12 paneis para contar a historia da familia Pérez Carro

A exposición, Os maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, inaugurouse na casa da cultura de Chantada coa participación de Ramón Rodríguez Porto, escritor que colabora no libro do proxecto; María Luísa García, en representación do persoal da Casa da Cultura; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.
Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da familia Pérez Carro, asentada en Lugo desde 1880, o seu importante papel comercial e social na capital da provincia.
Cara 1880, a primeira xeración dos Maragatos da Porta de San Pedro, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, chegada da maragatería leonesa asentouse fronte á Porta Toledana da muralla de Lugo (actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García. Por este motivo a terceira xeración puxo en marcha este proxecto para investigar a historia familiar, a súa procedencia e traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada hoxe polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro, María del Carmen Pérez Carro García, a máis nova dos membros desta teceira xeración.
A mostra pode visitarse en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h.







