Actual, Concello, Novas|

O Hospital Comarcal de Monforte é o que propón o servizo para o paciente

Este mércores, 21 de xaneiro o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, visitaron o Centro de Saúde de Chantada, acompañados polos alcaldes dos concellos de Chantada e Carballedo, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez e Julio Manuel Yebra Pimentel.

Participaron da visita tamén as concelleiras de Sanidade e Servizos Sociais do Concello de Chantada, Pamela Fernández Águila e María Cándida Carnero Blanco; a directora do Hospital de Monforte de Lemos, Inmaculada Ramos e os integrantes do novo equipode HADO.

O conselleiro deu conta da posta en marcha do novo servizo de HADO que viñan demandando os dous concellos nas diferentes xestións e que tamén se amplía a Quiroga e Ribas de Sil.

O alcalde de Chantada agradece a boa disposición da Consellería ás demandas plantexadas para poder ofrecer “un servizo necesario para atender as necesidades de atención sanitaria de moitas persoas no noso concello. Estamos moi contentos de que chegara este día, como o traballo dá resultados, seguimos en xestións para conseguir que todas as prazas do centro de saúde estean cubertas”.

O conselleiro trasladou aos profesionais o compromiso da Xunta coa sanidade pública deste municipio, “ofrecerlles aos pacientes e ás súas familias coidados hospitalarios complexos desde o seu propio fogar é un factor e calidade e de humanización que fai máis grande o noso sistema sanitario público”.

Este segundo equipo de hospitalización a domicilio no distrito sanitario de Monforte de Lemos, que xa está en activo, terá as mesmas dotacións que o primeiro, un médico e tres enfermeiras cun vehículo propio. O novo servizo de Hospitalización a Domicilio que cubre o Concello de Chantada depende do Hospital Comarcal de Monforte, polo que é este centro hospitalario o que propón este servizo na casa, contando coa aprobación do paciente e da súa familia.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca