Actualidade, Deportes, nova|

XOGADE
Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar 2026
Escolas Deportivas

Os concellos de Chantada, Carballedo, Sober, e Pantón, ofrecen un ano máis un evento de promoción deportiva dirixido ao Atletismo co CIRCUÍTO COMARCAL DE CROS ESCOLAR 2026.

Todas as actividades son gratuítas, desprazamentos en autobús e seguro, e non é obrigatorio estar inscritos nas Escolas Deportivas Municipais.

Ademais, irán acompañados de 2 adultos (persoal técnico dos concellos e voluntarios).

NOTA IMPORTANTE

Para a primeira proba, realizada no concello de Carballedo, a inscrición debe ser entregada antes do día 20 de marzo (incluído).

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca