Actual, Concello, Novas|

O domingo Ɣs 12:45h lerase o Manifesto no palco da Feira do ViƱo

O Concello de Chantada, a través do Centro de Información Ô Muller, estÔ a desenvolver a programación para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. A primeira proposta de actividades celebrÔbase este venres aproveitando os contacontos de comezo de mes na Biblioteca Municipal de Chantada.

Con motivo do 8M a proposta de contacontos para o pĆŗblico infantil e familiar foi ā€œSomos iguais na maxiaā€, un espectĆ”culo no que a maxia, o humor e a interacción co pĆŗblico foron os grandes protagonistas. A función achegouse Ć” loita pola igualdade e Ć” prevención da violencia de xĆ©nero, empregando a maxia como ferramenta de coeducación. AbordĆ”ronse temas como a fenda salarial, os estereotipos ou o papel das mulleres na historia e no mundo laboral.

Xa na xornada do domingo, día 8, a concelleira de Igualdade, Pamela FernÔndez, lerÔ o manifesto. SerÔ Ôs 12:45h no palco central da 43 Feira do Viño de Chantada que este venres comeza na vila do Asma. A lectura do manifesto farase antes do pregón e da entrega de premios aos mellores viños desta edición.

A seguinte cita da programación do 8M en Chantada serÔ o venres, 13 de marzo Ôs 19:00h na Casa da Cultura coa presentación do IV Plan de Igualdade, unha fe­rramenta de planificación e coordi­nación transversal, concibida para orientar as políticas públicas munici­pais cara a un modelo de convivencia baseado no respecto, na correspon­sabilidade e na equidade. A maiores neste mes comezan os obradoiros de educación afectivo sexual nos centros de educación secundaria.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca