Actual, Concello, Novas|

Con servizo de autobús desde Antas de Ulla, Monforte de Lemos e A Barrela

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, organiza unha nova edición da Festa da Xuventude que botaba a andar fai tres anos co obxectivo de ofrecer actuacións musicais gratuítas especialmente pensadas para as persoas mozas, pero abertas á participación de todas as idades.

Con esta proposta dinamízase tamén o centro da vila e a xuventude pode gozar doutras alternativas de lecer nocturno. “Seguimos con esta proposta no mes de maio, despois de celebrar a primeira edición en abril. Maio ofrécenos días máis longos e previsiblemente unha climatoloxía mellor para celebrar estes concertos no exterior”, explica a concelleira de Xuventude, Belén Vázquez Caseiro, que insiste en que a Festa está pensada para todas as persoas que se sintan novas e lles apeteza gozar deste tipo de lecer nocturno.

Na xornada do 8 de maio desde as 20:30h. haberá actuacións musicais en diferentes espazos ata ben entrada a madrugada coa seguinte axenda:

  • De 20:30h. a 23:00h. a charanga Mekanika Rolling Band levará a música polas rúas da vila.
  • De 23:00h. a 01:00h e de 04:00h a 05:00h Orquestra Fórmula actuará na contorna do Pavillón Municipal
  • De 01:00h a 04:00h a Orquestra Panorama ofrecerá a súa actuación na rúa Xoán XXIII

A proposta ábrese ademais á xuventude e persoas interesadas da contorna. Para facilitar a súa participación establécese un ano máis o servizo de Noite bus. Nesta ocasión e en base a experiencia e demanda das anteriores edicións establécense 4 rutas para chegar á Festa da Xunventude. Os autobuses farán as rutas de regreso ás 5:00h.

  • Ruta 1 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h pasando polos concellos de Monterroso e Taboada
  • Ruta 2 con saída de Monforte de Lemos ás 22:00h e facendo parada en Escairón
  • Ruta 3 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h, pasando por Agolada, Lalín e Rodeiro
  • Ruta 4 con saída ás 22:00h da Barrela

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca