Actual, Concello, Novas|

O obxectivo, trasladar á mocidade a importancia de conservar as zonas verdes

O Concello de Chantada a través da concellaría de Parques e Xardíns e en colaboración cos IES Lama das Quendas e Val do Asma vén de desenvolver novas plantacións de árbores con motivo do Día Internacional dos Bosques, que se celebrou o pasado 21 de marzo. Previo a estas plantacións, a brigada de parques e xardíns retirou as árbores que foran tratadas dalgunha enfermidade e que finalmente secaron.

O obxectivo, como explica o alcalde do concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, é trasladar á mocidade a importancia de manter as nosas árbores e zonas verdes, “as novas plantacións fanse na contorna do paseo fluvial ou das piscinas municipais co obxectivo de marter estes pulmóns verdes de Chantada e sensibilizar á xente nova sobre a conservación destes espazos”.

Todos os anos por estas datas, desde o Concello organízanse este tipo de actividades, repoboando estas zonas e outras áreas verdes con espacies como o quercus palustris, serval, faias, acivros ou amieiros. Este ano engádese ás zonas de plantación a área recreativa que o obradoiro de emprego de Chantada executou no barrio de Marín.

Uns 70 rapaces e rapazas coñeceron así as principais características das distintas variedades para os diferentes espazos e ofrecéuselles información das técnicas básicas para a plantación de árboles e o seu coidado. A finalidade, manter saneadas e en bo estado as áreas verdes da vila, contribuíndo a favorecer a protección e conservación do medio ambiente.

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca