Actual, Concello, Novas|

Baixo o lema ‘Todas as persoas contan, todas as idades suman’, apóstase por situar ás persoas maiores como referentes

Este xoves, 9 de abril, tivo lugar en Chantada a presentación das I Olimpíadas do Envellecemento Saudable, que promoven a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeraitría, o Concello de Chantada, iNNOHEROICA e o Club Peña Saltasebes Chantada.

Ao acto de presentación acudiron o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela,  a concelleira de Deporte, Xuventude e Educación, Belen Vázquez, o presidente de  la Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde, o vicepresidente de la SGXX, José Ramón Martínez, o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manolo Cadramón e o director de iNNOHEROICA, Miguel Carbonell.

Baixo o lema ‘Todas as persoas contan, todas as idades suman’, estas primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable son un evento lúdico, deportivo, cultural e comunitario que promove a actividade física, o benestar integral e a participación social ao longo de todo o curso de vida.

As actividades inclúen tres probas deportivas: Resistencia (Carreira sobre asfalto 3 km),  Forza (Lanzamento de Peso); e Velocidade (Carreira de Cros 200 metros); dúas probas cognitivas (xadrez e dominó); e diferentes actividades para potenciar as relacións sociais e interxeracionais.

É a primeira vez que se organiza un evento destas características tanto en Galicia como noutras comunidades.

O principal obxectivo é dar visibilidade ás persoas maiores como referentes activos e competentes dentro dunha comunidade diversa.

O evento inclúe unha serie de actividades adaptadas a distintos niveis funcionais, abertas á participación de persoas de todas as idades interesadas en desfrutar da actividade física nunha contorna social e colaborativa.

A I edición das Olimpíadas do Envellecemento Saudable terá lugar o 19 de setembro no municipio e vila de Chantada, un espazo paisaxístico e cultural de gran valor.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca