Prazas limitadas, necesaria inscrición antes do 28 de abril

O programa de formación gratuíta Conexión Dixital Senior + chega ao Concello de Chantada con dúas formacións dirixidas a maiores de 60 anos; Whatsapp e comunicación móvil efectiva e Xestión dixital de trámites coa administración pública.
Estas xornadas dixitais 100% gratuítas están desenvoltas por Euroformac e financiadas con fondos públicos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos Europeos Next Generation. As prazas son limitadas e para participar é necesario inscribirse na Casa da Cultura persoalmente ou por teléfono no 982 441 752 antes do 28 de abril. Os cursos seguirán a seguinte estrutura:
WhatsApp e comunicación móbil efectiva, as clases terán lugar os luns 4, 11 e 18 de maio en horario de 16:30h a 19:30h:
- Sesión 1: Funcións básicas e avanzadas de WhatsApp. Que é e para que serve, beneficios, requisitos de uso. Como instalalo e configurar a conta, enviar e recibir mensaxes, fotos, vídeos e notas de voz. Uso de contactos: agregar contactos desde a lista do teléfono, iniciar un chat individual ou grupal, buscar mensaxes antigas no chat. Funcións avanzadas: realizar videollamadas e chamadas de voz, crear e administrar grupos, compartir unha localización en tempo real. Personalización do WhatsApp: cambio da foto de perfil e estado, axuste do fondo de pantalla, personalizar notificacións. Resolución de problemas comúns: como recuperar mensaxes borradas.
- Sesión 2: Uso efectivo de grupos. Introdución aos grupos: que son e para que serven. Creación dun grupo: elección de nome e foto, como agregar aos participantes. Administración de grupos: funcións dos administradores e configuración de permisos.
- Sesión 3: Privacidade e seguridade na mensaxería móbil. Riscos máis comúns: estafas, mensaxes falsas. Configuración básica para protexer a mensaxería: activar a verificación de dous pasos, configurar un contrasinal para a aplicación, axustes de privacidade. Protexer a túa información privada: que tipo de información débese compartir, como enviar fotos e documentos de forma segura. Identificar e evitar ameazas: como recoñecer estafas e mensaxes falsas, que facer se recibes mensaxes dun descoñecido. Seguridade dos teus chats: como usar chats seguros, activar mensaxes temporais que se borran sós, como bloquear e reportar a contactos molestos.
Xestión de trámites dixitais coa administración electrónica con clases os xoves, 7, 14 e 21 de maio en horario de 16:30 a 19:30h
- Sesión 1: Acceso e ferramentas básicas para operar coa Administración. Que é a Sede electrónica das administración e como acceder e buscar os trámites que necesitan. Como identificarse co sistema Cl@ve, o DNI electrónico e o certificado dixital. Aplicacións e servizos máis utilizados: O meu Cartafol Cidadán, XuntaEu, cita previa Sergas. Xestión da documentación dixital: gardado seguro de xustificantes.
- Sesión 2: Trámites en liña máis frecuentes. Trámites sanitarios: solicitude de cita médica (SERGAS), consulta da receita electrónica, cambio de médico. Trámites administrativos xenerais: presentación de solicitudes por Rexistro Electrónico, solicitude de subvencións e axudas. Trámites tributarios: pago de taxas, impostos. Organización previa dos trámites e seguimento da solicitude.
- Sesión 3: Resolución de incidencias e recursos de apoio. Problemas frecuentes: dificultades co certificado dixital, erros ao achegar arquivos ou problemas coa Sede electrónica. Solucións prácticas: recuperación de contrasinais, validación da sinatura electrónica. Recursos de axuda. Boas prácticas de seguridade: prevención de fraudes e xestión segura de contrasinais.
Desde o Concello de Chantada anímase á participación activa nestas actividades cuxa formación se adaptará ao nivel do grupo que vaia realizar a formación e procurará resolver as dúbidas e inquedanzas que teñan as persoas participantes.







