O Concello de Chantada implanta o servizo de repartición de composteiros, no marco do programa da Campaña de Concienciación e educación ambiental en relación á separación selectiva de biorresiduos e compostaxe domiliciaria no Concello de Chantada, e compromiso de colaborar co Concello no seguimento do seu uso.
“Recicla con cabeza, faino de Corazón”.
Se queres participar debes cumprir os seguintes requisitos:
• Contar cun xardín ou horta para instalar o composteiro no Concello de Chantada, no enderezo indicado para os efectos de instalación.
• Comprometerte a manter e destinar o composterio á finalidade prevista nesta solicitude (compostaxe doméstica) por un período mínimo de cinco anos contados desde a entrega do mesmo.
Actuacións financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.
O listado de residuos aceptados e non aceptados pode variar sen previo aviso, para maior seguridade e evitar molestias, antes de levalos ao punto limpo é aconsellable chamar ao teléfono que figura nesta páxina.
CONTACTO
ENDEREZO
Praza do Cantón, 1
27500 Chantada
TELÉFONO
982 44 00 11







