Actual, Concello, Novas|

Con monólogo aberto ao público de Manuel Manquiña e Víctor Fábregas

Este martes, 12 de novembro, grávase en Chantada o programa “Acó, Aló e Acolá”, que conducen os cómicos, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas. Trátase dun novo programa que próximamente emitirá a TVG e que viaxa a un total de 13 concellos galegos cunha proposta de humor vinculada a diferentes temáticas de interese.

Así en Chantada abordarase o cambio climático e a viticultura rexenerativa. O autobús do programa estará na Praza de Santa Ana desde as 9:30h desde martes, 12 de novembro. Ao redor das 11:00h, no Bar Cantón, terá lugar un faladoiro sobre o tema no que participarán catro veciños/as de Chantada con Manuel Manquiña e Víctor Fábregas.

Ás 13:00h na contorna da Praza de Santa Ana, os presentadores ofrecerán un monólogo aberto ao público no que abordarán, desde o humor, o tema protagonista nesta ocasión, cambio climático e a viticultura rexenerativa. Con estes contidos, pola tarde, gravarase unha entrevista en Belesar co convidado a este programa, o enxeñeiro medio ambiental, Antonio Roade. A axenda da produtora, Ézaro Films, completarase nesta xornada coa gravación, na Casa da Música de Chantada da actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Tradicional.

O Concello de Chantada será, polo tanto, o concello no que se grave o último episodio desta nova proposta televisiva, “Acó, Aló e Acolá”, que se estreará próximamente na TVG.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca