Actual, Concello, Novas|

A cita, o 1 de maio

O Concello de Chantada acolle o 1 de maio as xornadas tecnificación de CxM da Federación Galega de Montañismo para os adestramentos técnicos das categorías infantil, cadete e xuvenil. De modo que unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e a seleccionadora da Federación reuniranse en Chantada para a preselección destas categorías utilizando parte do percorrido do Trail Heroica Sacra.

En horario de 9:00h a 19:00h os corredores entrenarán nos tramos das marxes do río Asma ata a desembocadura no Miño para seguir polos Codos de Belesar e subir a Chantada polo Camiño de Inverno.

O ano pasado tamén, a Federación Galega de Atletismo escollera Chantada para unha sesión técnica cunha vintena de participantes da selección galega de cadetes e infantís.

O Concello de Chantada colabora con estas actividades aportando os servizos e infraestruturas necesarias para a realización das distintas probas nun tipo de deporte que busca terreos con desnivel onde haxa un percorrido permanente de trail para poder entrenar. “Para nós é unha honra que Chantada sexa o destino escollido por ambas Federacións para desenvolver estas probas. Ademais somos un punto central para que poidan vir nenos de toda Galicia”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca