Actualidade, Deportes, nova|

DEPORTES
II San Silvestre no Corazón de Galicia

O Concello de Chantada celebra e organiza a súa II Edición de San Silvestre no Corazón de Galicia, que se celebrará o próximo sábado 27 de decembro de 2025 a partir das 17:30 horas polas rúas da Vila.

A carreira San Silvestre no Corazón de Galicia está aberta a todo o mundo, independentemente da súa idade, categoría, sexo, lugar de orixe ou condición social, sempre que estean debidamente inscritos, tanto en tempo como na forma correcta, e non estean sancionados por federacións deportivas segundo as indicacións da Comisión Estatal de Loita contra a Dopaxe no Deporte (CELAD) e do Consello Superior de Deportes (CSD). A participación na San Silvestre é voluntaria e realízase baixo a propia responsabilidade dos participantes.

Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha soa distancia para adultos de 5 km polo casco urbano, e dúas distancias para a rapazada de 200 m de 4 a 6 anos e de 1000 m de 6 a 12 anos.

Premiarase ó corredor/a mellor DISFRAZADO/A, a nivel individual ou por equipo (mínimo 5 membros) e os 1º, 2º e 3º da clasificación xeral masculino e feminino da carreira de 5 km, e medallas para todos os participantes das distancias 200 m e 1000 m.

A rapazada maior de 12 anos poderá facer a distancia de 5 km acompañados por un adulto ou ca autorización do representante legal.

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse a través da web championchipnorte.com

Prazo de inscrición:
Do luns día 10 de novembro ata o día 25 de decembro de 2025 ás 23:59.

O Concello de Chantada, nun evento de promoción deportiva dirixido ao Atletismo, ofrece a opción de participar gratuitamente en CROS ESCOLAR.

As competicións realizaranse os domingos en horario de mañá:
19 de outubro en Monforte de Lemos (1ª preparatoria).
26 de outubro en Chantada (2ª preparatoria).
16 de novembro o clasificatorio para o provincial en Monforte de Lemos.
14 de decembro será a Final Provincial na Mariña.

Toda a actividade é gratuíta, desprazamentos en autobús e seguro, e non é obrigatorio estar inscritos nas Escolas Deportivas Municipais. Ademais, irán acompañados de 2 adultos (persoal técnico do Concello de Chantada e voluntarios).

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca