Actual, Concello, Novas|

Ás 18:30 h concerto de Francisco Castro

Este luns, 24 de novembro, ás 18:30h, a Biblioteca Pública Municipal de Chantada acolle un concerto gratuíto, dirixido a todos os públicos, a cargo do escritor e agora tamén músico, Francisco Castro.

O vigués, exdirector xeral de Galaxia, conta como escritor cunha extensa produción literaria, da que hai unha boa mostra na Biblioteca Municipal de Chantada. Ademais das súas facetas como docente, escritor e editor; no 2022 dá o paso á música e á composición.

Castro que, previo ao concerto, ás 17:00h, manterá un encontro cos integrantes do club de lectura, fai unha invitación a que a xente participe do concerto onde verán a cantidade de cancións e poemas galegos que saben, “Ven coñecer a gran poesía galega musicada dende os tolos anos 60 ata os nosos días. Poderás escoitar e cantar a Rosalía (de Castro, non a outra), a Álvaro Cunqueiro, a Curros Enríquez e a outras e outros máis nunha proposta de rock, pop, reggae e baladas para que non deixes de cantar nin un segundo”.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca