Actual, Concello, Novas|

38 plantas de cor violeta, unha por cada unha das mulleres asasinadas neste 2025

Este martes, 25 de novembro, ás 12:00h a concelleira de Igualdade do Concello de Chantada, Pamela Fernández, leu diante da casa consistorial o manifiesto do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na conmemoración estivo acompañada polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela, persoal do CIM que desenvolveu a programación desta celebración, membros da corporación e distintos departamentos do Concello de Chantada.

Como parte do escenario desta celebración, o equipo da área de Parques e Xardíns do Concello de Chantada colocou 38 plantas de cor violeta, unha por cada unha das mulleres asesinadas neste 2025 en España. As plantas debuxan o 25N acompañadas dun lazo negro.

A ampla programación densenvolta nas últimas semanas pola concellaría de Igualdade para o 25N, pecharase este 28 de novembro no Auditorio Municipal de Chantada. Desde as 18:30h terá lugar a charla “(Con)vivir o Climaterio, máis aló da menopausia”.

MANIFESTO 25N

Hoxe como cada 25 de novembro, situamos na axenda social e política o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Pero non pode quedar só nunha data, temos que traballar todos os días do ano e todos e todas xuntas para erradicala.

Volvemos, unha vez máis, a expresar o máis absoluto rexeitamento a todas as formas de violencia machista.Queremos seguir facendo visibles todas as formas de violencia que tinguen de loito a nosa sociedade; en especial, as que, dunha maneira máis crúa, golpean a vida de mulleres en situación de maior vulnerabilidade como aquelas que viven en pequenas poboacións, as mulleres inmigrantes ou con discapacidade.

Enfrontámonos ademais a novos retos como o da violencia dixital: o acoso a mulleres en redes sociais, a gravación ou difusión de imaxes sen o seu consentimiento, ou os discursos de odio contra elas aproveitando o anonimato que proporcionan estas canles; que a miúdo  dan acubillo a depredadores sexuais e maltratadores. Igualmente, debemos loitar contra o uso espurio da intelixencia artificial para xerar contidos vexatorios e falsos que vulneran a dignidade e os dereitos das mulleres.

As estatísticas de mulleres vítimas mortais por violencia de xénero en España, a mans das súas parellas ou exparellas, seguen sendo moi alarmantes, con 1.332 mulleres asasinadas desde o ano 2003, e, delas, 38 entre xaneiro e novembro deste ano 2025, que deixaron orfos a 17 nenos e nenas.

Vidas arrebatadas e vidas marcadas para sempre. Cifras que non son cifras: son familias rotas, angustia, dor, desesperanza. Unha situación ante a que non podemos nin debemos resignarnos.

As mulleres que tiveron a valentía de denunciar aos seus agresores e cuxa situación de extrema vulnerabilidade non admite ningún fallo, debémoslles o máximo nivel de protección. Calquera defecto nas medidas de control, seguimento e vixiancia dos maltratadores ten que ter unha resposta inmediata e efectiva nas administracións responsables.

Os gobernos locais somos as administracións máis próximas e desempeñamos un papel fundamental fronte a esta lacra. Podemos e debemos seguir avanzando na defensa das mulleres en colexios, en espazos culturais e en lugares de lecer; reforzar os puntos de atención á muller e contribuír a unha mellor coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade no ámbito local.

Dende o  Concello de CHANTADA seguiremos traballando para construír unha sociedade libre de todas as formas de violencia contra as mulleres

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca