A cita este 5 de febreiro na Casa da Cultura ás 18:30h

A Casa da Cultura de Chantada acolle este xoves, 5 de febreiro, ás 18:30h a presentación de “Todo por hacer”, da xornalista con raíces en Chantada, Julia Varela.
A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a voz de Eurovisión desde 2015, naceu en Pontevedra e vive en Madrid, regresando sempre que pode á terra de seu pai no Concello de Chantada
A súa vinculación con Chantada quedou de manifesto cando no 2015 foi pregoeira das Festas Patronais de Chantada e tamén na novela que trae a Chantada na que pasea por Belesar e as ribeiras do Miño. En Todo por hacer, Varela ofrece unha historia intimista sobre a perda dunha nai, a morte, o dó, e o camiño percorrido con ausencias e feridas e tamén optimismo e luz.
Varela que se estreaba na novela no 2019 con “Por qué me pido un gin tonic si no me gusta?”, estará acompañada durante a presentación en Chantada polo tamén xornalista, Daniel Galindo. A cita está aberta ás persoas interesadas en participar.







