Do 6 ó 8 de marzo

A Feira do Viño de Chantada, que se celebrará do 6 ao 8 de marzo abre, un ano máis, as Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra. O cartel que anunciará esta XLIII edición, obra do artista local, Juan José Lomarti, acaba de darse a coñecer.
O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que Lomarti ofrece desta celebración, “os traballos de Lomarti reflexan a alegría desta festa e a importancia da cultura do viño para Chantada”, destaca o concelleiro de cultura, Manuel Diéguez.
No cartel desta edición as persoas reúnense ao redor de cubas de viño, coversan, brindan e rin, cunha copa na man. O viño inúndao todo representando sempre coas cores, a súa esencia aromática. Como na proposta do ano pasado, Lomarti volve a enxalzar a figura humana, a celebración, o encontro entre persoas.
Coa presentación do cartel, o Concello comeza a conta atrás para a Feira do Viño de Chantada, unha das citas máis emblemáticas do calendario anual na Ribeira Sacra.







