Actual, Concello, Novas|

A mostra inaugurouse contando cos colaboradores no proxecto

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha exposición fotográfica sobre o Entroido Ribeirao, que se inauguraba este sábado pola mañá contando coa participación das persoas que colaboraron nela. A mostra ofrece unha ducia de fotografías e a proxección do documental, O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao, cedida para a ocasión polo seu autor David Vázquez (Pinancho).

Con todo desde o Concello de Chantada búscase poñer en valor o Entroido Ribeirao, unha das mostras etnográficas máis características do municipio, e recoñécese o traballo e o esforzo da asociación “Amigos do Entroido Ribeirao”, por continuar mantendo esta tradición e axudar na transmisión dunha parte fundamental da cultura do concello.

No acto deste sábado fíxoselle entrega dun obsequio a todas as persoas que colaboraron dun modo altruista, nesta mostra, tanto co material do documental como cedendo as fotografías da exposición que foron realizadas por Ana Iglesias, Marga Piñeiro Díaz, Kris Pereira’s, Paula G, Segundo Navaza Blanco e Xaime Cortizo. Recoñecíase así a xenerosidade das persoas que colaboran para sacar adiante este proxecto divulgativo, ao que se engade o cartel anunciador da exposición, obra do artista local, Jon González.

A exposición organizada pola Oficina Municipal de Turismo poderá visitarse de luns a venres: 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de10:00h a 14:00h.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca