O Concello de Chantada reparte 6000€ en premios

O Concello de Chantada celebraba este sábado pola tarde o Desfile de Comparsas que comezaba puntual ás 18:00h para percorrer as rúas da vila un total de 11 comparsas que xuntaron a 600 persoas nunha xornada na que a climatoloxía se aliou coa celebración. Ata Chantada achegáronse a desfilar representacións do Saviñao, Monforte de Lemos, Amoeiro, Maside, O Carballiño, Villamarín ou Rodeiro, ademais das comparsas locais.
Un ano máis o defile estaba encabezado polo Entroido Ribeirao e partiu da Avda de Lugo para pasar pola Praza de Santa Ana onde as comparsas fixeron as súas escenificacións e seguir cara Catro Camiños, rematando na Praza de Galicia onde volveron actuar ante o xurado, composto por 5 membros da orquestra La Travesía que amenizaría tamén a verbena posterior.
De entregar os premios encargaríanse membros do equipo de goberno encabezados polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela. Así entregáronse os seguintes premios.
Comparsas adultos
- 1º Premio: 700,00 € Guardianes del fuego eterno, Os Arrieiriños de Dacón, Maside.
- 2º Premio: 500,00 € De safari por Chantada, O Carballiño.
- 3º Premio: 300,00 € Liñares Factory Team, Parada de Amoeiro.
Comparsas infantís
- 1º Premio: 700,00 € Asterix no corazón de Gallaecia, Chantada
- 2º Premio: 500,00 € Circo Estrela, O Saviñao
- 3º Premio: 300,00 € Los Minions, Chantada
Comparas adultos locais
- 1º Premio: 500,00 € Yabba Dabba Doo
Comparsas infantís locais
- 1º Premio: 500,00 € Asterix no corazón de Gallaecia
- 2º Premio: 300,00 € Los Minions
- 3º Premio: 200,00 € Ritmo na ribeira Carnaval Mernes








