Este ano participan os concellos de Sober, Carballedo, Chantada e Pantón

O III Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar do programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, XOGADE, comeza este domingo, 1 de marzo, no Concello de Sober, podendo inscribirse ata o xoves 26 para participar nesta primeira proba. Nesta edición participan 4 concellos, sendo a cita no Concello de Chantada o 18 de abril. Seguirase o seguinte calendario:
- Sober, domingo, 1 de marzo
- Carballedo, venres, 13 de marzo
- Chantada, sábado, 18 de abril
- Pantón, venres, 24 de abril
Das carreiras poden participar nenos/as de toda a provincia de Lugo en idade escolar coas seguintes categorías.
- Prebexamín, nados/as 2020-2019 cunha distancia de 500 metros
- Benxamín, nados/as 2018-2017 cunha distancia de 500 metros
- Alevín, nados/as 2026-2015 cunha distancia de 1000 metros
- Infantil, nados/as 2014-2013 cunha distancia de 1500 metros
- Cadete, nados/as 2011-2012 cunha distancia de 2000 metros
A inscrición é gratuíta debendo confirmar a participación aos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes, a través do correo edmchantada@gmail.com ou no Pavillón Polideportivo Municipal. A participación inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras, ademais do acompañamento de dous adultos como persoal técnico.







