As axudas do primeiro ano son de 800€ e de 400€ no segundo ano

O Concello de Chantada repite un ano máis as axudas á natalidade que neste 2026 contan cun crédito de 60.000€ para seguir contribuindo a fixar poboación no municipio a través de mecanismos que favorezan o nacemento e crianza de nenas e nenos. Neste caso axúdase ás familias cos gastos no momento do nacemento para favorecer o asentamento poboacional.
As bases publícanse este luns, 23 de febreiro, no BOP e na sede electrónica do Concello de Chantada establecendo dúas liñas de axuda para o primeiro ano de nacemento ou adopción e para o segundo ano:
- Liña 1: Axudas de primeiro ano de nacemento ou adopción. As axudas serán de 800€ por neno/a nado/a ou adoptado/a. O prazo de presentación de solicitudes será de 4 meses dende o nacemento ou adopción ou de 4 meses dende a publicación das presentes bases.
- Liña 2: Axudas de segundo ano de nacemento ou adopción. As axudas serán de 400€ por neno/a nado/a ou adoptado/a. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de outubro de 2026.
Para ser beneficiarios/as das axudas deben cumprirse os seguintes requisitos:
- Os pais, ou polo menos un de eles, deberán estar en situación regular en España e estar empadroados no Concello de Chantada cunha antelación mínima de 1 ano á data de parto ou adopción.
- Os nenos/as nados/as ou adoptados/as deberán estar empadroados no Concello de Chantada.
- Os solicitantes ou solicitante da axuda deberá comprometerse a seguir empadroados no Concello de Chantada, el/ela e os nenos/as, por un período de catro anos dende o nacemento ou adopción.
As solictitudes presentaranse no rexistro Xeral do Concello de Chantada, aportando a seguinte documentación:
- DNI ou NIE do/a solicitante, e tratándose de estranxeiros, documento que acredite a residencia legal en España.
- Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil ou copia do auto xudicial de adopción, no seu caso.
- Certificación de titularidade do número de conta bancaria no que se recibirá a axuda.
- Declaración xurada de axudas recibidas ou solicitadas para a mesma finalidade. (ANEXO II)
- Compromiso de seguir empadroado no Concello de Chantada por un período mínimo de catro anos (ANEXO I)
- Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario.
- Declaración xurada de estar o corrente coas obrigas tributarias da AEAT E ATRIGA e da Seguridade Social (ANEXO II)
O procedemento de concesión de estas subvencións será o de convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para a resolución do procedemento será de 3 meses dende a presentación da solicitude. A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade que poda obterse de outros organismos.







