Actual, Concello, Novas|

No encontro definen actuacións que favorezan o desenvolvemento rural

Este mércores, 25 de febreiro, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo no seu despacho de San Caetano unha xuntanza co alcalde do concello  de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, co que estudou a posibilidade de implementar novas iniciativas para afondar na mellora dos camiños rurais e a prevención de incendios forestais no municipio.

O Concello de Chantada foi beneficiario da convocatoria do Plan Camiña Rural 2025-2026, cunha axuda concedida de algo máis de 96.000 euros para ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal, co fin de mellorar a calidade de vida da poboación.

O alcalde de Chantada, Maniuel Lorenzo Varela, agradece a boa disposición da conselleira, “Desde o Concello de Chantada trasladamos a necesidade de mellorar os camiños nas zonas de concentración parcelaria, así como poder contar cun novo tractor para desbroces. Agradecemos a receptividade da conselleira e cando saia unha liña de axudas para esta finalidade, solicitarémola. Tamén lle plantexamos o interese por mellorar a cuberta do mercado gandeiro, un investimento importante que esperamos poder concretar en próximas reunións”.

María José Gómez aproveitou o encontró para lembrar as diferentes iniciativas postas a disposición dos concellos para favorecer a prevención de incendios forestais, como pode ser o sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias ou os convenios para realizar traballos de prevención e contar con brigadas e motobombas.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca