Actual, Concello, Novas|

Desde 2020 a saída faise desde Chantada por ser o Corazón de Galicia

Este venres pola mañá deu comezo unha nova edición da Ruta Galifornia, que concentra a amantes das motos e viaxantes curiosos, facendo percorrido desde Galicia, neste caso a León, para chegar ás chairas altas da comarca da Maragatería.

A expedición promovida pola Fundación Galifornia, comezou saíndo de Vigo, e desde o 2020 faino desde Chantada. Punto escollido por ser o Corazón de Galicia, como aseguran desde a organización, que agradece a colaboración do Concello de Chantada e o interese manifestado desde o inicio nunha proposta que busca fusionar a paixón polas dúas rodas co intercambio de experiencias de viaxe, poñendo en valor o patrimonio cultural, humano e rural das zonas que atravesa, ademais da oportunidade de gozar da gastronomía local.

Nesta ocasión a camiseta da ruta reza, “Galicia-Asturias-León e Santas Pascuas”. O medio cento de motos participantes comezaron a chegar este xoves pola tarde desde distintos puntos de Galicia para manter un encontro e cea de confraternidade na vila do Asma. Este venres percorren a Ribeira Sacra e as súas paisaxes de auga e viño para despois trasladarse á Reserva da Biosfera dos Ancares, con portos sinuosos e desniveis esixentes. En Asturias circularán polas estradas de montaña do Val dos Oscos e tras coroar os cumes do norte descenderán por terras leonesas cara o Val do Silencio para rematar na Maragatería. O 6 de setembro darase por finalizada a ruta cunha comida de fraternidade en Parada de Sil.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca