Actual, Concello, Novas|

A mostra poderase ver durante todo o mes e a viaxe ao teatro será o 3 de outubro

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 3 deste mes unha exposición de fotografía sobre o Mosteiro de Oseira. A mostra ofrece a particular mirada que ofrecen sobre o mosteiro, 18 autores da Asociación Fotográfica O Potiños.

Tamén na Casa da Cultura de Chantada pódense inscribir durante este mes as persoas interesadas en asistir a unha nova representación do Centro Dramático Galego. O 3 de outubro ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela represéntase a obra A gaivota. Ensaio aberto.

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, Subes ao autobús do teatro?, habilita un autobús desde Chantada que sairá da Praza de Galicia ás 15:10h e fai unha redución no prezo da entrada, podendo asistir por 5€. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición antes do 30 de setembro, debendo acudir á Casa da Cultura de Chantada ou chamando ao teléfono 982 441 752.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca