Actual, Concello, Novas|

Manifesto do DĆ­a Internacional da Muller

Foron moitos os avances conseguidos, pero persisten as desigualdades, a discriminación e a violencia Ôs mulleres polo feito de selo. Ante este feito non caben mornezas e non é entendible ser neutrais. 

O 8 de marzo foi proclamado o Día Internacional polos Dereitos da Muller pola Organización das Nacións Unidas en 1975. Desde entón, é un día de celebración polos avances que conseguimos ao longo da historia e, de reivindicación polo que nos queda por alcanzar en materia de igualdade entre mulleres e homes en todos os Ômbitos da vida.

Este ano convócanos a necesidade de afianzar todos os avances conseguidos deixando de lado o ruído que pretende facer o machismo, ameazado nos seus privilexios e,  cuns valores onde o papel da muller en xeral e ao longo da historia foi ignorado e infravalorado.

Non debemos esquecer os colectivos vulnerables onde as mulleres atópanse en situacións de discriminación múltiple: por ser mulleres e por ter unha discapacidade, ser dunha raza ou etnia concreta, ter unha determinada idade ou vivir e traballar fóra das grandes cidades ou núcleos de poboación.

Neste sentido, Chantada é un Concello rural e polo tanto temos moi presente Ôs mulleres do mundo rural e o seu papel fundamental no desenvolvemento de actuacións relacionadas coa loita contra o despoboamento e o reto demogrÔfico

No aspecto laboral, vendo os datos dos diferentes indicadores como traballo a tempo parcial, salarios, sectores produtivos, carreira profesional etc., as condicións de traballo das mulleres son peores que as dos homes, tendo pouca presenza en determinados sectores profesionais e en cargos de dirección empresarial. 

Ata hai uns anos o pensamento xeneralizado era que a violencia contra as mulleres era consecuencia de actitudes individuais e do Ômbito privado. Grazas aos avances conquistados e Ô maior visibilización e sensibilidade por parte da sociedade conseguiuse situala no centro das preocupacións, con categoría de problema social, coa obrigación de dar resposta inmediata desde os poderes públicos.

As violencias de xénero constitúen a cara mÔis escura da desigualdade. Desde o Ômbito local debemos seguir co compromiso de construír unha sociedade igualitaria, que garanta os dereitos de todas as persoas, así como a participación activa na vida local.

Ɖ por iso que dende o Concello de Chantada convidamos a toda a cidadanĆ­a a participar nos actos organizados con motivo do 8M, e sumĆ”monos a todas aquelas accións e iniciativas que reivindiquen a igualdade e loiten contra a violencia cara Ā as mulleres.Ā Ā Ā 

Ā 

Ā 

Ā 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca