Actual, Concello, Novas|

Represéntase Serie Clopen, primeira produción propia do Centro Dramático Galego

O Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que traslada autobuses aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza as representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago de Compostela, regresa a Chantada neste 2025.

Farao o 9 de outubro podendo acudir á representación da Serie Clopen, primeira produción propia do Centro Dramático Galego. A función propón unha viaxe polo mundo do circo onde non faltarán acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora como fío conductor da man dunha rapaza, Alicia, que está nese momento vital de construción dunha identidade. Serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en tono de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

A función está dirixida por Pablo Reboleiro, con dramaturxia de Clara Gayo e Pablo Reboleiro. Interveñen: Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo.

O autobús do teatro, que conta coa colaboración do Concello de Chantada sairá ás 15:10h do día 9 de outubro da Praza de Galicia e a representación comezará ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compotela. Despois da función, a hora de regreso serán as 20:15h. O prezo da entrada é de 5€. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 7 de outubro na Casa da Cultura ou chamando ao 982 44 17 52.

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca