Creacións do alumnado dos C.E.I.P. de Chantada

A Casa da Cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 de novembro a exposición “Ourizos Miúdos”. Trátase dos traballos desenvoltos polo alumnado dos CEIP Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo para reflexar a súa imaxe do Castañazo, que este ano celebrou a súa XX edición, traxectoria que protagonizou a exposición de outubro na Casa da Cultura.
A asociación cultural Castañazo, que organiza o festival do mesmo nome, xa inclúe na súa programación as propostas de actividades infantís co Ourizo Miúdo. O ano pasado durante a celebración do festival expuxéronse os traballos desenvoltos polo alumnado e nesta ocasión, as creacións artísticas móstranse nesta exposición que pode visitarse de luns a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h; e os sábados de 10:00h a 14:00h.
Unha proposta que espera manterse en sucesivas edicións para seguir descubrindo como reflexa a cativada a súas vivencias co Castañazo.








