Actual, Concello, Novas|

Agora téntase dar coa orixe

Este venres, 19 de decembro, a vila de Chantada espertaba con cheiro a gasóleo. O intenso olor a combustible alertou ao Concello, que deu aviso ás institucións correpondentes. Así, a primeira hora da mañá, a Policía Local e o Seprona comezaban atraballar en solucionar o problema, localizar onde se producía a vertedura e a súa orixe.

Ao tempo o Concello iniciaba as xestións coas compañías de distribución de gasoil que subministran en Chantada para comprobar se se dera algunha incidencia, “comprobamos que só unha empresa recibiu subministro na véspera e que todo se desenvolvera sen ningunha complicación”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Durante todo o día traballaron os distintos efectivos para dar coa fuga, e pola tarde localizouse o problema no aliviadoiro de augas pluviais que baixa por Xoán XXIII desde a zona da Praza de Santa Ana. Agora séguese investigando para definir o inicio da vertedura. “A vertedura é cativa, pero continua, neste punto conflúen moitos regatos o que complica determinar a procedencia”, explica o rexedor que tamén asegura que coa información recibida, a vertedura non afectará á flora nin á fauna do río.

Na solución á vertedura, colaboraron co concello a Policía Local, o Seprona e técnicos da Confederación Hidrógráfica, “En canto tivemos coñecemento do verquido comunicámosllo aos organismos implicados, que de seguido comezaron a traballar. Ás 12:00h estaba precisamente asinando un convenio de colaboración co presidente da Confederación para dotar de máis fondos a canalización dos regatos pluviais. Polo que as acusacións de que ás 13:30h a Confederación non tiña constancia, son falsas”, conclúe o alcalde. E anuncia que as institucións correspondentes continúan traballando para definir a orixe.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca