O carrusel fará viaxes gratuítas o 6 de xaneiro de 10:00 a 14:00 e de 16:30 19:30

O Concello de Chantada introducía este ano unha importante novidade, pensada especialmente para a infancia, durante a programación de Nadal. Tratábase do Carrusel que durante estas Festas se instalou diante do Auditorio Municipal. Ofrécese o servizo ata o 5 de xaneiro cun prezo de 2€ por viaxe (3 viaxes a 5€). Para celebrar a boa acollida da iniciativa, o Carrusel funcionará o martes, día 6, con viaxes gratuítas para todas as nenas e nenos, en horario de 12:00h a 14:00 e de 16:30h a 19:30h.
Un día antes, o luns, 5 de xaneiro, o Concello de Chantada celebra a Cabalgata de Reis que dará comezo ás 18:30h diante da DomusVi, despois de que Melchor, Gaspar e Baltasar visiten ás persoas residentes no centro.
A Cabalgata de Reis, que contará con animación durante o percorrido, baixará pola Avenida de Lugo cara a Praza de Santa Ana e Catro Camiños. Desde alí continuará cara a Praza de Galicia pola Avenida de Monforte para rematar no Auditorio Municipal onde as nenas e nenos de Chantada poderán manter un encontro coas Súas Maxestades. A visita de Melchor, Gaspar e Baltasar pecharase cunha chocolatada para as persoas presentes no Auditorio.







