O encontro coas Súas Maxestades rematou cunha gran chocolatada

A pesar do frío a Cabalgata de Reis de Chantada foi seguida por moita xente durante as distintas partes do percorrido que comezaba na DomusVi, despois de visitar ás persoas residentes, e remataría no Auditorio Municipal cunha multitudinaria chocolatada.
Mechor, Gaspar e Baltasar que tiveron un encontro cos nenos e nenas de Chantada despois do desfile, repartiron case 600 conos de lambetadas. Durante o percorrido entregáronse 200 quilos de caramelos.
A decoración das carrozas para o defile das Súas Maxestades, acompañados de seus paxes, renovouse totalmente. O desfile contaba tamén coa animación de dúas mariposas patinadoras e 2 cervos luminosos.
Ao encontro dos Reis Magos coa infancia do municipio acudiron tamén o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e os concelleiros de Cultura, Manuel Diéguez, Turismo, Pamela Fernández e Servizos Sociais, María Cándida Carnero. O rexedor destacaba o éxito da cita que contou con moita participación e acompañamento da climatoloxía, xa que a pesar do frío non choveu.








