Programa de formación para a dixitalización de mulleres
O proxecto formativo, Galegas Dixitais, está financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Os obxectivos do programa que rematará coa entrega de título oficial acreditativo da formación e co regalo dun ordenador portátil a cada participante, son:
- Mellorar as capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais preferentemente desempregadas.
- Incrementar o seu nivel de empregabilidade.
- Impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural.
- Reducir a fenda de xénero
No Concello de Chantada a formación, de 120 horas de duración, comezará o 29 de xaneiro na aula de informática do telecentro e as mulleres interesadas poden inscribirse na oficina de servizos sociais do Concello.
A formación é gratuíta e estará impartida por expertos docentes que promoverán un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico de competencias dixitais ata un nivel avanzado que permita coñecementos das novas tecnoloxías e maiores posibilidades de empregabilidade ou o emprendemento.
Entre os contidos verase: Navegación, configuración e navegadores, Procura de información: os buscadores; Nocións básicas de seguridade informática, Creación e edición de contidos dixitais, Técnicas avanzadas de procura de información, Almacenamento de contido na nube; Uso básico de redes sociais; Recursos tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento da idea de negocio a emprender; Adquisición de bens, produtos e servizos a través de webs e plataformas de comercio electrónico,…