A entrada ás instalacións é gratuíta
Coa chegada do mes de xullo abren as súas portas as Piscinas Municipais de Chantada. As instalacións situadas na rúa Serra do Faro, ao carón das Piscinas Climatizadas, contan coa piscina para adultos/as e o vaso para nenas e nenos; ademais de amplas zonas verdes e espazo de estacionamento. A entrada ás instalacións é gratuíta.
Este verán as Piscinas Muncipais do Concello de Chantada volverán a ser punto de encontro nas xornadas nas que o calor sexa máis duro. Así as Piscinas abrirán conforme ao seguinte horario de luns a venres:
- Polas mañás de 12:00h. a 14:00h.
- Polas tardes de 15:00h. a 20:30h.
Durante as fins de semana o horario será continuo de 12:00h. a 20:00h. Como en anos anteriores, a previsión é que pechen o 26 e 27 de agosto, coincidindo coas Festas Patronais.
O servizo das Piscinas Municipais permanecerá aberto ata finais de agosto ou mediados de setembro dependendo da climatoloxía, “Segundo o clima, veremos ata cando temos as piscinas abertas; polo demais espéranos un verán no que tamén tentaremos levar ata a contorna das piscinas distintas actividades deportivas e de lecer, especialmente para os/as máis novos/as”, asegura a Concelleira de Deportes, Belén Vázquez.