Actual, Concello, Novas|

Este 28 de decembro en Chantada desde as 18:00 h

A concellaría de Deportes do Concello de Chantada organiza esta carreira solidaria que ten como peculiaridade que as persoas participantes poden ir disfrazadas.

As inscricións na probra realizaranse a través da web www.championchipnorte.com antes das 23:59h. do día 26 de decembro. A inscrición é gratuíta pero cabe a opción solidaria de colaborar coa asociación FURGONETA SOLIDARIA GUINEA BISSAU aportando voluntariamente no momento da inscrición a cantidade que considere cada participante. Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau é un grupo de sanitarios de distintos hospitais de toda Galicia que viaxan en grupos a este país transportando o maior número de medicamentos posible.

Poderán participar da carreira atletas federados e non federados. A proba desenvolverase no casco urbano e contempla unha distancia de 5km adultos e 1km para menores de 12 anos. Os/as participantes nados entre 2012/2017 poderán facer a distancia de 5km acompañados por un adulto/a.

Esta cita deportiva e solidaria rematará cunha chocolatada e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establéncense premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):

               1º. Individual       60€          1º Equipo  200€

               2º  Individual       50€          2º Equipo  120€

               3º  Individual       30€          3º Equipo    40€

Todos/as os/as participantes na carreira de 1000m recibirán medalla.

A recollida de dorsais realizarase o día da proba na porta principal do Auditorio Municipal, situado na Praza de Galicia en horario de 17:00h a 18:00h. Precisamente a Praza de Galicia será o comezo das dúas probas, os/as menores de 12 anos comezarán ás 18:00h e a carreira de 5 quilómetros comezará ás 18:30h.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca