Actual, Concello, Novas|

Campamentos de Nadal, obradoiros creativos e diferentes citas culturais

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada organiza unha completa programación de actividades para este Nadal orientadas a favorecer a conciliación durante estas Festas, con interesantes propostas de ocio para nenos e nenas.

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, os Campamentos de Nadal. As actividades terÔn horario de 10:00h a 14:00h, coa opción do Servizo de Madrugadores en horario de 8:00h a 10:00h para as familias que así o soliciten. Os días 25 de decembro e o 1 de xaneiro non haberÔ Campamentos de Nadal.

Ademais na Casa da Cultura organƭzanse diferentes obradoiros creativos que imparte a empresa local Velaƭsca, para maiores de 8 anos. TerƔn lugar os dƭas 23, 27 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 12:00h a 13:30h.

Este ano, como novidade, progrƔmanse obradoiros pola tarde. Asƭ os dƭas 26 de decembro e 3 de xaneiro de 17:00 a 18:30, estes talleres destƭnanse a idades de 5 a 7 anos e, para maiores de 7 anos seguirƔn as propostas en horario de 18:30h a 20:00h.

As inscricións para as distintas actividades poden facerse na Casa da Cultura desde este martes, día 10 de decembro, ata o día 18, ambos os dous incluídos. Poden facelo en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sÔbados de 10:00h a 14:00h. Para os obradoiros da Casa da Cultura as prazas estÔn limitadas a 25, que se cubrirÔn por orde de inscrición.

A programación infantil do Concello de Chantada complétase coas actividades que desenvolverÔ a concellaría de Cultura no Auditorio Municipal e na Biblioteca con diferentes sesións infantís que terÔn lugar entre o 20 de xaneiro e o 2 de decembro.

Os mÔis novos/as vivirÔn o día grande destas Festas, o 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis que darÔ comezo Ôs 18:30h. Despois do desfile polas rúas da vila, as Súas Maxestades recibirÔn Ôs nenas e nenos no Auditorio Municipal onde haberÔ chocolatada popular.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca