Actual, Concello, Novas|

A mostra pode visitarse ata o 31 deste mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 31 deste mes a exposición dos traballos realizados co Programa de Pintura que desenvolve a Concellaría de Servizos Sociais no Edificio Multiusos de Chantada con dous cursos: pintura en óleo que se desenvolve os mércores de 16:30h a 19.00h e o curso de pintura en tela ten lugar os venres, tamén de 16:30h. a 19:00h.

Do Programa de Pintura participan 60 persoas. Estes cursos destínanse a persoas maiores de 65 anos e xubiladas/os e desenvólvense durante o curso escolar polo que se prolongan as clases ata o mes de xuño.

Na exposición pódese ver o resultado destes cursos, cadros de paisaxes e figuras, ademais dos diferentes motivos que aparecen en bolsos, camisetas, sábanas, colchas, coxíns,…

A maioría das participantes nestes cursos son mulleres, que aseguran que lles encanta a experiencia e adoitan repetir de ano en ano porque espertan outras capacidades como a memoria ou o sentido da orientación. “Este tipo de actividades contan con gran aceptación porque ademais de potenciar a creatividade, mellórase a autoestima e éntrase en contacto con outras persoas”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, que convida a visitar esta mostra e lembra que as persoas interesadas en sumarse ao Programa de Pintura poden facelo acudindo a Servizos Sociais do Concello de Chantada.

A mostra pode visitarse en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca