Actual, Concello, Novas|

Participan destas propostas case 130 nenos/as

Este luns, 23 de decembro, deron comezo no Concello de Chantada as actividades da programación infantil que a Concellaría de Igualdade organiza para este Nadal.

Os Campamentos de Nadal desenvólvense no Pavillón Municipal entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro, en horario de 10:00h a 14:00h, coa opción do Servizo de Madrugadores en horario de 8:00h a 10:00h para as familias que así o soliciten. Os días 25 de decembro e o 1 de xaneiro non haberá Campamentos de Nadal. Destas propostas gratuítas participan un cento de rapaces/as.

Ademais na Casa da Cultura teñen lugar o obradoiros creativos que imparte a empresa local Velaísca, para maiores de 8 anos. Estes talleres celébranse os días 23, 27 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 12:00h a 13:30h. Este ano, como novidade, prográmanse obradoiros pola tarde. Así os días 26 de decembro e 3 de xaneiro de 17:00 a 18:30, estes talleres destínanse a idades de 5 a 7 anos e, para maiores de 7 anos seguirán as propostas en horario de 18:30h a 20:00h. Asisten a estas actividades de balde case unha tritena de nenos e nenas.

O público infantil é ademais o destinario das actividades que programa a Concellaría de Cultura no Auditorio Municipal durante este Nadal. O día 23 de decembro acollerá o espectáculo infantil “Elfos en prácticas”. O 27 de decembro proxectarase a película infantil, “Migración, unha viaxe patas arriba”. Segue o cine o 30 de decembro coa proxección de “El chico y la garza” e o 2 de xaneiro  contarase co espectáculo infantil “Picadiscos”. Todas as citas desenvolveranse a partir das 19:00h.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca