55 corredores participaron disfrazados
Este sábado pola tarde celebrouse en Chantada a primeira edición desta carreira solidaria que contou con máis de 200 persoas inscritas. Desde a concellaría de Deportes do Concello de Chantada destácase a alta participación e cantidade de persoas que correron disfrazadas, 55, “Na carreira popular tivemos este ano 130 adultos e hoxe houbo 170 adultos e nenos e nenas ata completar as 200 persoas”, explica Belén Vázquez Caseiro.
A proba desenvolveuse no casco urbano con distancias de 5km para adultos e 1km para menores de 12 anos. Esta cita deportiva e solidaria rematou cunha chocolatada e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establecíanse premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):
MELLOR DISFRACE INDIVIDUAL:
1º: Raquel Rodríguez, 60€
2º: Marcos Sánchez, 50€
3º: Rocío e Laura, 30€
MELLOR DISFRACE EQUIPO:
1º: “Reno ladrador, poco mordedor”, 200€
2º: “Burrito sabanero”, 120€
3º: “Desguace Papá Noel, 40€
CATEGORÍA MASCULINA:
1º: Antonio Teijido
2º: Xosé Pérez
3º: Ánder Castro
CATEGORÍA FEMININA:
1º: Tamara García
2º: Belén García
3º: Ana Belén González
Todos/as os/as participantes na carreira de 1000m recibiron medalla.