O artista aproveitou tamén para presentar o libro “Tú, mi gran obra”
Este venres pola tarde inaugurouse na Casa da Cultura de Chantada a exposición “Mesturas” do pintor de Bueu, Manuel Cerviño. Ao tempo o artista presentou o libro “Tú, mi gran obra”, para este acto o autor estivo acompañado polo poeta de Chantada, Paco Ledo.
A exposición ofrece unha colección de óleos sobre lenzo de diversas temáticas, paisaxes, fauna e figuras humanas nas que destaca o estilo realista do pintor que desempeña a súa faceta laboral no mundo da xardinaría botánica no Pazo de Lourizán. As cafeterías e centros culturais preto da súa contorna foron os primeiros en amosar o seu traballo, que agora chega a Chantada.
A exposición pode visitarse durante todo o mes de xaneiro, de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h.