Actual, Concello, Novas|

Representarase a obra “Nada se sabe”

Neste 2025 continúa o Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que traslada autobuses aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza ás representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago.

O sábado, 8 de febreiro, o autobús do teatro chega a Chantada contando, un ano máis, coa colaboración do Concello de Chantada. Terá saída ás 15:15h da Praza de Galicia para asistir á representación da obra “Nada se sabe”, unha coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva, na que dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza ante a discapacidade, que facemos como sociedade.

A función comezará ás 18:00h, sendo o prezo da entrada 5€. A hora de regreso será ás 20:00h. Para asistir á representación poden inscribirse na Casa da Cultura ou no teléfono 982 441 752 de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h. As prazas son limitadas ata completar o aforo do autobús.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca