Actual, Concello, Novas|

8 concellos participan da competición que remata en maio

O II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar do programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, XOGADE, ábrese o domingo, 2 de febreiro, en Chantada. Nesta edición participan 8 concellos, e despois de comezar en Chantada seguirase o seguinte calendario:

  • Friol, 9 de febreiro
  • Pantón, 23 de febreiro
  • O Saviñao, 16 de marzo
  • Sober, 23 de marzo
  • Carballedo, 6 de abril
  • Taboada, 20 de abril
  • Portomarín, 4 de maio

Este II Circuíto destínase a nenos/as nados/as entre o 2010 e o 2019. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da web do Concello de Chantada, nas escolas deportivas e cos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes. A participación inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras.

“Con este tipo de actividades queremos motivar a nenas e nenos a que practiquen deporte. Tentamos incentivar que non sexa un concurso competitivo así que entregaranse medallas a todos/as os/as participantes. O encontro con corredores de concellos veciños é tamén unha posta en valor dos nosos territorios”, explica Belén Vázquez Caseiro, Concelleira de Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Chantada.

Para quen participe en 6 carreiras ou máis si se establecerán primeiro, segundo e terceiro posto, nas distintas categorías feminina e masculina do circuíto total a través de XOGADE.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca