Actual, Concello, Novas|

Ás 18:30h con sinatura de exemplares

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada acolle este venres, 28 de marzo, ás 18:30h a presentación do poemario “Lágrimas de plata” poemas para el recuerdo de Esteban A. Jiménez. A actividade organizada pola concellaría de Cultura vén a complementar a programación desenvolta polo concello de Chantada ao redor do 8M.

O autor, nado en Badalona no 1965, deixou Cataluña por Galicia no 2023 para instalarse en A Barxa, O Saviñao, onde asegura que atopa a paz necesaria para escribir. Amante da xeración do 98, é apaixoado da literatura histórica e da poesía o que o levou a publicar o seu primeiro libro de poemas en Círculo Rojo.

 “Lágrimas de plata” é unha proposta íntima e persoal que recolle unha selección de poemas inspirados nas experiencias máis significativas da súa traxectoria máis persoal cando o amor se convirte en traxedia. Basado en feitos reais, o poemario “busca alertar ás mulleres sobre a importancia de non resignarse ante situacións de abuso”.

Durante a presentación leranse poemas e o autor asinará exemplares do libro, ademais de abrir un espazo de intercambio de experiencias. A asistencia ao acto é de entrada libre e gratuíta.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca