Actual, Concello, Novas|

O Concello de Chantada conta con escola infantil pública desde o 2023, na actualidade conta con 75 prazas

A Galiña Azul do Concello de Chantada funciona desde o 2008 despois de que o Concello de Chantada se adherira ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e nese ano cedera o uso do inmoble para esta escola infantil, que atende a nenas e nenos dos 3 meses aos 3 anos.

A Galiña Azul do Concello de Chantada ofrece así un servizo integral de conciliación durante 11 meses ao ano. Esta oferta de atención mellorarase con servizo de comedor que comezará a funcionar no curso 2025-2026.

As instalacións contaban xa con cociña que agora se está acondicionando para poder facer comidas para o alumnado. Para a execución das obras o Consorcio Gallego achega case 48.000€ froito dun convenio que asinou co Concello de Chantada para substituír o servizo de cátering por un servizo de cociña na propia escola e así mellorar a atención infantil ás 75 prazas que ofrece a Galiña Azul de Chantada.

“É unha moi boa noticia, asinamos o convenio e adxudicouse a obra que se está facendo neste mes de agosto. Así poderemos poñer a funcionar a cociña que había e tela en perfectas condicións para poder darlle aos nenos comida propia feita aquí. Estamos moi orgullosos de como funciona esta gardería que xa hai dous anos tivemos que ampliar cun módulo máis ata chegar ás 75 prazas actuais”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Mentres o Concello de Chantada executa as obras, á Xunta correspóndelle a contratación de persoal propio para atender o servizo. Con todo pódese seguir dando resposta ás necesidades de conciliación das familias que utilizan a Galiña Azul de Chantada.

As instalacións abrirán de novo as súas portas en setembro co mesmo persoal, quedaría pendente de cubrir entre setembro e outubro a praza dunha persoa que estaba desprazada.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca