Actual, Concello, Novas|

Os premios entregáronse este martes na Casa da Cultura de Chantada

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, convocaba este ano, a II edición do Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns. O prazo para inscribirse remataba o 10 de xullo e foron 14 propostas as inscritas (6 na zona urbana e 8 no rural), que estiveron a exposición ata mediados de setembro para poder ser valoradas polo xurado. 

O fallo facíase público este martes pola tarde cando as mellores decoracións recibían os seus premios no acto que se desenvolveu na Casa da Cultura de Chantada, presidido polo alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns, Diego Otero con parte do seu equipo e outros concelleiros da corporación.

Nesta ocasión ampliábase o número de categorías e establecíanse dúas modalidades para espazos rurais e urbanos. Así na vila de Chantada contábase coas categorías de fachadas e balcóns e nas aldeas premiábanse as fachadas e o conxunto axardinado, quedando os premios do seguinte modo:

  • 1º premio zona urbana Balcóns: 200€ para Mayra Isabel Peña Cruz (29 puntos)
  • 2º premio zona urbana Balcóns: 100€ para María Isabel Mazaira Figueiras (14,5 puntos)
  • 3º premio zona urbana Balcóns: 50€ para Concepción Míguez Rodríguez (14 puntos)
  • 1º premio zona urbana Fachadas: 300€ para Juan Manuel Fernández González (18 puntos)

 

  • 1º premio zona rural Fachadas: 300€ para Victorino Fernández Rodríguez (23 puntos)
  • 2º premio zona rural Fachadas: 200€ para María Dolores Cuñarro (16puntos)
  • 3º premio zona rural Fachadas: 100€ para Alicia Fernández Lamas (15 puntos)

 

  • 1º premio zona rural Conxunto: 400€ para Diego Rodríguez Tumbeiro (28 puntos)
  • 2º premio zona rural Conxunto: 300€ para Ana Belén Otero Vázquez (27 puntos)
  • 3º premio zona rural Conxunto: 150€ para María Jesús Gómez Lamas (20 puntos)

As decoracións gañadoras recibiron tamén o seu diploma e a todas as participantes entregóuselles unha bolsa personalizada da concellaría de Parques e Xardín e unha planta e set de xardinaría. “Estamos moi satisfeitos coa participación e o traballo feito en cada fachada, nos balcón e xardíns. Repetiron participantes da edición pasada pero a maioría foron novas solicitudes. Seguimos apostando por incentivar a participación cidadá na mellora da calidade ambiental e na ornamentación dos espazos. Desde o Concello tamén poñemos en valor a estética das nosas zonas naturais e participamos un ano máis do programa Vilas en Flor”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Para escoller as mellores decoracións, o xurado valorou os seguientes criterios:

  • Orixinalidade e creatividade da composición: Valoración de 0-5
  • Laboriosidade: Valoración de 0-5
  • Uso de materiais reutilizados e ornamentación non floral: Valoración de 0-5
  • Naturalidade (Variedade das plantas utilizadas): Valoración de 0-5
  • Colorido: Valoración de 0-10
  • Perdurabilidade: Valoración de 0-10
  • Calidade ornamental (harmonía e deseño): Valoración de 0-10

1º Premio Balcóns Urbana
1º Premio Conxunto Rural
1º Premio Fachada Rural
1º Premio Fachada Urbán

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca