A actividade desenvolverase no Auditorio Municipal de Chantada de 09:00 a 14:00h

O concello de Chantada comeza a programación astroturística que preparou como Destino Starlight e que inclúe actividades e obradoiros de observación estelar, astronomía ou astrofotografía. A axenda ábrese o vindeiro martes, 28 de abril, cunha xornada de divulgación sobre a eclipse do 12 de agosto, Galicia, porta de entrada da eclipse. Xornadas de divulgación nos Destinos Starlight.
A actividade, organizada por Turismo de Galicia en colaboración co Concello de Chantada, está destinada ao sector turístico, prensa local, e outras persoas interesadas nas implicacións turísticas para un Destino Starlight ante un fenómeno coma o deste ano. O aforo é limitado sendo necesaria inscrición previa na Casa da Cultura, presencialmente, por correo electrónico (turismo@concellodechantada.org) ou por teléfono (982441752)
A xornada que ofrecerá información práctica sobre o fenómeno para que despois poida ser traslada á ciudadanía desenvolverase coa seguinte axenda:
09:00h a 09:15h. Benvida da concelleira de Turismo de Chantada, Pamela Fernández. en reprentación do Destino Starlight
9:15h a 11:00h. Charla coloquio: “Astronomía básica dunha eclipse e observación segura” por Begoña Estévez e Antonio Pazos, monitores Starlight
11:00h a 11:15h. Presentación oficial da xornada
11:15h a 11:35h. Descanso
11:35h a 12:23h. “Fotografía da eclipse” por Fernado Rey Daluz, experto en formación audiovisual e divulgación científica, certificado por Fundación Starlight
12:45h a 14:00h. Mesa redonda: “Implicacións territoriais da eclipse”. Interveñen:
- Paloma Vázquez, Xefa da área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia.
- Borja Tosar, Astrofísico.
- Alexandra Seara, Xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
- Jacobo L. Gay, Xerente de Hotel Mogay e Casa das Xacias
- Ana Belén Fernández, Xornalista e Responsable de prensa do Concello de Chantada.
16:00h a 18:00h. Práctica de fotografía da eclipse e observación solar, simulacro da eclipse.
19:00h. Peche da xornada
Como un dos 3 destinos Starlight da provincia e dos 9 que hai en Galicia, o Concello de Chantada seguirá desenvolvendo unha completa programación previa á cita astronómica do 12 de agosto, que fai da provincia de Lugo o destino ideal para gozar da eclipse, xa que é a provincia galega con maior presenza da franxa de totalidade.








