A Festa celébrase o 8 de maio e terá servizo de noite bus

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, organiza este venres, 8 de maio a III Festa da Xuventude. A celebración terá novidades na programación prevista inicialmente. Incorpórase ás 23:00h o pregón da Festa da Xuventude que correrá por conta de Elysoal, excompoñente da Orquestra Panorama. Esta cita desenvolverase na explanada da rúa Taboada, onde despois será o concerto da orquestra Panorama, inicialmente previsto na rúa Xoán XXIII.
Así a programación completa da Festa da Xuventude será a seguinte:
- De 20:30h. a 23:00h. a charanga Mekanika Rolling Band levará a música polas rúas da vila.
- 23:00h pregón a cargo de Elysoal, excompoñente da Orquestra Panorama.
- De 23:10h. a 02:00h. actuación da Orquestra Panorama.
- Desde as 02:00h a Orquestra La Fórmula ofrecerá a súa actuación na contorna do Pavillón Municipal
Para facilitar a asistencia á da xuventude e persoas interesadas da contorna, establécese, como todos os anos, o servizo de Noite bus. Nesta ocasión e en base a experiencia e demanda das anteriores edicións haberá 4 rutas para chegar á Festa da Xunventude. Os autobuses farán as rutas de regreso ás 5:00h.
- Ruta 1 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h pasando polos concellos de Monterroso e Taboada
- Ruta 2 con saída de Monforte de Lemos ás 22:00h e facendo parada en Escairón
- Ruta 3 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h, pasando por Agolada, Lalín e Rodeiro
- Ruta 4 con saída ás 22:00h da Barrela
A concelleira de Xuventude, Belén Vázquez Caseiro, lembra que a Festa está pensada para todas as persoas que se sintan novas e lles apeteza este tipo de lecer nocturno e anima á participación desexando que a climatoloxía acompañe.
Día Internacional contra o Acoso Escolar
O 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar, xornada para sensibilizar sobre esta problemática. A este respecto, este mércores, 5 de maio, en horario de mañá desenvolverase no Auditorio Municipal unha charla formativa sobre a prevención
do bulling. A actividade, organizada pola Concello de Chantada, encádrase no Plan Director de Convivencia Escolar e está destinada a nenos/as de entre 8 e 11 anos dos colexios Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo e aberta á participación de nais e pais interesadas/os.
O encontro estará guiado, como en anteriores ocasións, por Héctor Méndez, Garda Civil e psicólogo, formador do Plan Director, coa colaboración do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Chantada que con financiación da UE, conta cun psicólogo e un educador social.








