Actual, Concello, Novas|

As actividades comezarán ás 12:00h co izado da bandeira na Praza de España

Esta visita forma parte do exercicio táctico que a Guardia Real leva a cabo na provincia de Lugo desde este martes, 5 de maio ao 10 de maio. Os exercicios que desenvolve a Guardia Real nestas visitas ás provincias teñen unha dobre finalidade: o adestramento das unidades, de tal xeito que cada unha traballa na mellora das súas capacidades e desenvolver actividades de instrución como marchas a pé, a cabalo, en moto, e outras destrezas.

Nestas actividades, o corpo militar desprega as súas unidades, o que supón unha proxección de máis de 500 homes e mulleres, máis de 35 vehículos, 15 motos, 64 cabalos e 12 cans.

O operativo que visita Chantada ten prevista a chegada ao mercado gandeiro ás 10:00h para despois seguir a seguinte axenda:

  • 12:00h. Izado de bandeira na Praza e España
  • 13:00h. Exposición nos CEIP de “Xoán de Requeixo” e “Eloísa Rivadulla”
  • 16:30h. Ensaio de exhibición no campo de fútbol
  • 18:00h. Exhibición dinámica con cabalos no campo de fútbol O Sangoñedo
  • 21:00h. Concerto da Banda de Clarines e Timbales no Auditorio Municipal

O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, acompañará, en representación do concello de Chantada xunto con outros membros do equipo de goberno, o izado da bandeira e ao finalizar o concerto, o Capitán Fernando Moreno Martos, Xefe do Escuadrón de Escolta Real da Casa da Súa Maxestade o Rei entregará ao alcalde, un detalle en lembranza desta visita; e o rexedor fará o propio.

Os movementos das forzas entre o mercado gandeiro e a Praza de España e o mercado gandeiro e o campo do Sangoñedo estarán debidamente acompañados pola Policía Local de Chantada.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca