Actual, Concello, Novas|

Na Casa da Cultura de Chantada desde as 18:30h

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio, desde as 18:30h, na Casa da Cultura, unha xornada formativa destinada ás empresas e emprendedores vinculados co sector turístico.

A actividade pretende trasladar aos profesionais do turismo e outras persoas interesadas, as potencialidades que ten Chantada como Municipio Starlight, para poder achegarllas ao visitante. 

O astrofísico, Borja Tosar, destacaba a condición Starlight do Municipio de Chantada na mesa redonda que recentemente se celebrou na vila do Asma sobre as implicacións territoriais da eclipse, “Chantada ofrece a posibilidade despois da eclipse, de gozar da posta de sol e das Perseidas. O ceo é un recurso como a gastronomía, a paisaxe, o patrimonio, pero non estamos acostumados ao que temos. Chantada ofrece un espazo privilexiado e accesible para a observación do ceo nocturno. Despois da eclipse poder seguir desfrutando aquí do ceo é un privilexio”.

Para coñecer máis sobre este recurso desde o concello de Chantada promóvese esta nova actividade na que os participantes farán unha iniciación á observación do ceo nocturno e das estrelas para descubrir o potencial deste recurso e do astroturismo.

O sector turístico e outras persoas interesadas poden inscribirse antes do 15 de maio no correo turismo@concellodechantada.org ou no teléfono 982 44 17 52. A xornada é gratuíta con prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición.

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca